facebooktwitterlinkedingoogle plus
españolinglésgallegocatalan
 
 
empresa

que ofrecemos

Inequívoca proxección de servizo ao cliente

Un servizo personalizado e adaptado ás necesidades específicas de cada cliente, tanto presentes coma futuras, porque sabemos que neste ámbito, cada vez máis competitivo e cambiante, protexer aquilo que fai únicas ás empresas, a súa imaxe de marca e os seus procesos innovadores en todos os mercados, é de vital importancia.

Capacidade técnica

Garantimos a xestión da innovación, sobre a base de criterios de profesionalidade, calidade e seguridade xurídica. O noso equipo de profesionais dispón dunha gran preparación técnica, con capacidade para analizar calquera proposta ou formulación non só á luz das normativas rexistrais, senón considerando tamén as distintas implicacións xurídicas que poidan formularse, tanto agora coma no futuro, de tal forma que o seu desenvolvemento sexa factible e non cree problemas noutras áreas, ou, se os suscita, se poña de manifesto dende o primeiro momento.


A obtención de resultados está garantida pola incorporación permanente dos últimos adiantos tecnolóxicos e informáticos, incluíndo conexión "on-line" coas principais bases de datos mundiais de propiedade industrial, fondos documentais de patentes, bases de datos de antecedentes rexistrais, etc... Todos estes medios ao noso alcance fan posible e fiable a acción de rexistro.

Asesoramento integral

As nosas actividades desenvólvense tanto ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) ou a Oficina da Unión Europea de Propiedade Intelectual (EUIPO), coma ante os tribunais de xustiza competentes na materia. Elaboramos informes sobre o estado da técnica en calquera actividade industrial, Informes técnicos comparativos, informes xurídicos, etcétera, e igualmente intervimos en todo tipo de contratos que teñan por obxecto dereitos de Propiedade Industrial e Intelectual. É por todo o anterior polo que temos o convencemento de que estamos en condicións de dar a mellor resposta en termos de calidade de servizo e retorno do investimento que calquera empresa poida demandar.

 
actualidade