facebooktwitterlinkedingoogle plus
españolinglésgallegocatalan
 
 
marcas

marcas

O noso equipo traballa cóbado con cóbado con algunhas das marcas máis coñecidas de todos os sectores económicos como alimentación e bebidas, ocio e cultura, tecnoloxía e telecomunicacións, produtos de consumo, entre outros, para axudalos a alcanzar os seus obxectivos comerciais, estratéxicos e de negocio.
Dispoñemos dunha grande experiencia e especialización no deseño, xestión e defensa de carteiras e estratexias de marca a nivel nacional e internacional, cunha clara vocación comercial e un profundo coñecemento dos distintos campos de actividade.


Asesoramos en materia de comercialización de dereitos de propiedade industrial, franquía, distribución, licenza, merchandising e joint venture, entre outros.


O que nos diferencia da nosa competencia é que ofrecemos servizos integrais de principio a fin cubrindo todo o proceso de asesoramento, rexistro e defensa de signos distintivos, deseños e nomes de dominio.


Protexemos as marcas e todo aquilo que diferencia ás empresas nos seus mercados, xa sexa estes nacionais, comunitarios ou internacionais. Tramitamos o seu rexistro e vixiamos permanentemente o seu estado ante as correspondentes oficinas:

 

  • As marcas españolas inscríbense no Rexistro de Marcas da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM).
  • As marcas nacionais en países estranxeiros na oficina de rexistro correspondente en cada país.
  • As marcas da Unión Europea rexístranse ante a Oficina da Unión Europea de Propiedade Intelectual (EUIPO).
  • As marcas internacionais ante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI).
 
actualidade