facebooktwitterlinkedingoogle plus
españolinglésgallegocatalan
 
 
quienes somos

propiedade intelectual e TIC

Dereitos de Autor

Asesoramos na protección das súas creacións literarias, artísticas, científicas, planos, deseños, desenvolvemento de software e bases de datos, así como obras multimedia e audiovisuais.


Protección de dereitos

  • Inscrición de obras no Rexistro da Propiedade Intelectual e oficinas de Copyright internacionais
  • Depósito notarial
  • Obtención de certificación e notas simples sobre obras inscritas
  • Elaboración e redacción de documentos que determinen a titularidade dos dereitos (contratos de encargo, autor asalariado)
  • Ditames e informes xurídicos
  • Autorización para uso de obras de terceiros

 

Servizos de intermediación tanto para a adquisición de dereitos de explotación de terceiros para a súa incorporación en obras propias, como na relación coas entidades colectivas de xestión (VEGAP, EGEDA, SGAE, CEDRO, AIE, etc.), ao obxecto de alcanzar acordos rendibles para ambas as dúas partes.


Área TIC


Guiamos no novo ámbito dixital a empresas que crean ou adaptan os seus contidos aos novos formatos que conforman os novos modelos de negocio (TDT, plataformas de distribución de contidos, web 2.0, etc.).

Prestamos:

  • Rexistro da súa páxina web
  • Autorización para uso dun contido (texto, imaxe, música)
  • Encargo de desenvolvemento de web
  • Condicións de uso. Aviso legal
  • Establecemento de enlaces na web
  • Uso de noticias
  • Rexistro de dominio
  • Uso de licenzas copyleft (Creative Commons)
  • Protección da marca
  • Protección das bases de datos
  • Valoración e rexistro de Software
 
actualidade